Contacta con nosotros
C/ Fontán, Nº3 1ºB (zona plaza Galicia), A Coruña
info@nutriciona.es
Tel: +34 981 903 459
Móvil: 623 178 117

Udc Green Campus Ciencias

nutriciona-coruna

Green Campus da Facultade de Ciencias

Que é o programa Green Campus?

A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.

A presentación do programa e primeira reunión de traballo tivo lugar en marzo dese ano, e contou coa participación ds direccións dos cinco centros da UDC que inicialmente se incorporarán ao Green Campus: ETS Arquitectura, EU Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias e Facultade de Ciencias da Educación, situadas no campus central de Elviña e a A Zapateira, xunto coa Facultade de Ciencias da Saúde, en Oza. Na mesma tamén participaron José Ramón Sánchez Moro, presidente de ADEAC, Amalia Blanco Louro, vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas da UDC e Manuel Soto, director da OMA-UDC.

Obxectivos e metodoloxía do programa Green Campus

A Fundation for Environmental Education (FEE), agrupa como membros a ONG de 65 países, e desde a súa fundación en 1982 ven creando e desenvolvendo programas internacionais como Bandeira Azul (Blue Flag), Xoves Reporteiros para o Medioambiente (YRE), Bosques na Escola (LEAF), Chave Verde (Green Key) ou Ecoescolas (Eco-schools). No caso de Ecoescolas, suma uns 38.000 centros educativos en 52 países, e conta co apoio expreso del PNUMA. GreenCampus é un novo programa que recolle a filosofía, metodoloxía e experiencia de Ecoescolas, adaptada ás necesidades e problemática específica do ámbito universitario. En Europa máis de 40 universidades, entre elas a Universidade de Cork e o Trinity College de Dublín en Irlanda ou a Escola Superior de Tecnoloxía da Saúde de Lisboa, participan desde 2007 no programa.

A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus.

Os obxectivos a acadar xiran arredor de dez áreas de actuación: 1) optimización do consumo de auga e enerxía, 2) redución da xeración de residuos e mellora da recollida selectiva, 3) correcto tratamento e xestión dos RAEE (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos) e dos RPA (residuos de pilas e acumuladores), 4) contaminación atmosférica, acústica e luminosa, 5) mobilidade sustentábel, 6) hábitos, rutinas e estilos de vida saudábeis, 7) biodiversidade, 8) compra verde, comercio xusto e consumo responsábel, 9) participación, sensibilización e voluntariado ambiental, e 10) cambio climático.

A continuación ofrecémosche distintos contido informativo sobre alimentación e hábitos alimentarios para que poidas aplicar no teu día a día.

Alimentos de tempada

Educación nutricional

Realiza as tuas achegas sobre alimentación e hábitos saudables

Entre todos a todas construimos unha universidade máis saudable

Queres saber máis sobre nutrición?

contacta con profesionais da nutrición